David García Violín

◀︎◀︎

DSC_9530 (1)

Nace en Escarabote, (A Coruña). Comeza a estudar violín no Conservatorio Profesional de Música de Noia, donde realiza o grado elemental e o grado medio co profesor Adolfo Carereira.


     No 2005 coñece e comeza a asistir a clases particulares co profesor Nicolay Velikov, co que continúa a súa formación instrumental dende 2007 ata a actualidade na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Nesta escola, recibe varias masterclass de grandes interpretes e solistas como Daniel Hope, Serguei Teslia,Benjamin Schmid e  Mariana Todorova.


En canto á súa formación orquestral, é alumno activo da Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia dende 2006, da que foi concertino en varias ocasións, traballando con directores como Pietro Rizzo, Michael Gilbert , Alberto Zedda , James Judd ou David Ethéve. 


Asimesmo foi invitado en diversas ocasións como reforzo polas orquestras Real Filharmonía de Galicia e Orquesta Sinfónica de Galicia, onde toca baixo a dirección dos directores Antoni Ros Marbá, Maximino Zumalabe, Salvador Mas e Victor Pablo Pérez.


Na actualidade está a rematar os seus estudos Superiores no Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa profesora Laura Quintillán. Neste centro tamén recibe clases maxistrais de Paolo Ghidoni e clases de música de cámara do profesor Mario Peris.


◀︎◀︎