Un poema pola morte de
Man
O músico César Morán, que puxo
son ao libro de poemas de Manuel Rivas, 'O pobo da noite', vén
de enviarnos un poema dedicado a Man, o alemán de Camelle, un día
despois da súa morte.
NA MORTE DE MAN, ABATIDO
POLA TRAXEDIA
A Negra Sombra no mar
borrou pra sempre a túa imaxe loura.
Na paisaxe de luz e de
acuarela
entrou a noite co seu manto escuro
e quebrou a beleza da túa casa
arrasando esculturas de esmeralda.
Foi un día calquer
que ti chegaras
entre leve borbulla solitaria,
poeta louco pintor de caracolas,
salgada delgadez de pel morena.
Oh, meu amigo Man, que
veu do Norte,
o cadavre do mar errou a sorte!
Oh, meu amigo Man, que veu de lonxe,
nas feridas do mar achou a morte!
O teu andar lixeiro en
alancadas,
o dourado cabelo desleixado,
as longas soedades entre a escuma
ficarán para sempre na memoria.
Home de luz, espello de
illas verdes,
espida imaxe solitaria e breve!
O mal do mar entrouche no máis fondo
como unha arremetida sen remedio.
A cabeza entre as mans,
levas na ollada
o espanto da traxedia, como un berro,
como O berro de Munch levas a cara,
unha ollada de fuel, cabeza baixa.
Home de ben, mergullador
de soños!
que a terra onde repouses se confunda
co teu louro cabelo e a túa imaxe
de luz!
Oh, meu amigo Man, que
veu do Norte,
o cadavre do mar errou a sorte!
Oh, meu amigo Man, que veu de lonxe,
nas feridas do mar achou a morte!
César
Morán
|