Duo

 

Frauta

 

Piano

 

Album

 

Programa

 

Contacto

 

Enlaces

 

Cámara de Jazz

 

 

 

DÚO

FRAUTA E PIANO

SOTO-SANTOS

 

O azar presentounos no Conservatorio de Vigo a finais da década dos oitenta, cando sementaron e alentaron a súa amizade e o seu dúo, que manteñen dende aquela.


Compartiron entón concertos e maila infancia da súa agrupación, búsquedas e inquedanzas que lles levarían a perseguir respostas fóra do noso país (Cataluña, Francia, Alemania…).


Tras anos de peregrinaxe e colleita artística voltarían a Galicia, levados polo ánimo de compartir, comprometerse e seguir madurando musicalmente dende o arraigo consciente ó seu mar e á súa terra.


A curiosidade e a valoración doutros eidos creativos empúxaos a incorporar outros xéneros á súa actividade: o jazz, a fotografía, a investigación musicolóxica, o folclore…


Os seus programas non renuncian a ningún estilo, apostando polo risco e a innovación, respetando a Historia e alentando a contemporaneidade creativa.


Hoxe, os seus concertos péchanse cun berro seco:

 

 

NUNCA MÁIS.